Agosto do 36 (fragmento) -en gallego-Xosé Fernández Ferreiro
Agosto do 36 (fragmento) -en gallego-

"Sara xa non durmía na súa casa. Tiña medo e pasaba as noites cos pais. Os vellos estaban moi preocupados pola situación na que se atopaban a filla e mailo xenro, sempre temendo o peor. Aínda había ben pouco que celebraran os funerais por Agustín, o fillo que lles caera na fronte a pouco de comenzala guerra. Unha traxedia que latexaba no seu corazón e nas súas mentes, pois que mergullara en fonda dolor a toda a familia. E velaí que agora por riba lles viña aquela ameaza contra Gregorio. O de Agustín, anque lles doía, admitíano xa como inevitable porque era máis comprensible para eles. Viña ser case unha cousa natural: un soldado que morre na guerra. As guerras teñen esas cousas. ;Acaso non morerra na guerra de Cuba un irmán do señor Eleuterio, entre outros mozos do concello? Pero o de Gregorio non sabían aceptalo, non podían, porque para eles non tiña a "lóxica" do outro caso, da morte do fillo. 'Aquilo de que o quixesen 'pasear' resultáballes escuro e estraño, amais de cheirar a asasinato, algo que non collía no entendemento dos dous vellos. "


El Poder de la Palabra
epdlp.com