Vita Nova –en gallego-Ramiro Fonte

Vita Nova –en gallego-

"Deixar que o solpor morra co seu ritmo
de imposible navío ou de rapaza
e descifre o remate da novela.

Beber na noite os seus licores lenes
e brindar cos amigos nesa copa
escura que nos ata á mesma causa.

Escribir algún verso que a fortuna me dicte
e nalguna hora acaso como esta,
mollada na lembranza, perseguir
sen pintalos nos lenzos,
certos corpos amados. "



El Poder de la Palabra
epdlp.com