Pensamento e Sementeira (fragmento) -en gallego-Antón Vilar Ponte

Pensamento e Sementeira (fragmento) -en gallego-

"Eu xa fai tempo que ando a dicir que axiña non haberá na Galiza máis que unha só aristocracia - aristocracia de pensamento, non de sangue -, aristocracia ou aristarquía, si vos parece millor, a do galeguismo; a que leva por bandeira e por escudo o "orgullo orixinal" simbolizado no emprego da lingua materna, que é o supremo froito de diferenciación da lingua materna, que é o supremo froito de diferenciación da raza á que perteñecemos. O galego culto que hoxe se esprese en galego, por ese só feito demostra levar na ialma un nidio sentimento de libertade; un nobre afán de asolagar a súa intelixencia nas augas vivas do traballo enxebre co fin de lles dar o tempero perciso para que poidan fecundar mortas terras, cheias de lixos de escravitude, trocándoas en viveiros de vizosa democracia. A medida que o galeguismo vai encentando concencias novas e póndoas a xeito coas relidades da terra, é doado decatarse de que outras moitas cousas que parecían grandes cousas camiñan cara ó deserto por ocas i estériles, inda que fagan tanto ruído coma o tambor valeiro da parábola de Tolstoi. Eu penso que as únicas saetas que van sempre rectas a furar o branco do futuro son aquelas que se lanzan valéndose do arco da nosa lingua, xa, que só entón mostrámonos orixinaes. "


El Poder de la Palabra
epdlp.com