Páramo, si relembro, de Palabra de honor -en gallego-Arcadio López Casanova
Páramo, si relembro, de Palabra de honor -en gallego-

"Cuando abro a fiestra de mañá e me chega
Un ar limpo de outono dende o Páramo
E vexo a terra aberta en sucos, cómo
Pechar entón os ollos e volver
A aqueles anos nos que a xente andaba
Entre alambradas, co fusil, (a Historia
Estudieina sin libros moitas veces),
e na casa os abós i a mai decína:
que será do Manuel, tran os xornaes…
Cantas tristezas hai de todo isto?

Cómo volver a relembrar aqueles
Tempos dunha posguerra i a paisaxe
Igual co corazón, erma, sin carros
Que baixaran do monte o pan prás airas,
As campas largarías sin centeio,
Aqueles vraus sin sol, porque era o pranto
Soio entre nós, decide, cómo agora
Que abro a fiestra e de súpeto está a terra
Toda en sucos medrando cara a espranza. "



El Poder de la Palabra
epdlp.com