Saltaparedes (fragmento) - en gallego-Álvaro Cunqueiro

Saltaparedes (fragmento) - en gallego-

"Era Saltaparedes un grande brincador, e non se lle resistía parede, por moi alta que fose. Era coma pelota, botaba: de corpo era manteigoso, e na pel non tiña nin pelo. Como codia de queixo de San Simón, lisa e amarela, así tiña a pel. Tiña dous olliños pequeniños, e de noite mamaba nas vacas. Unha noite de lúa chea atopouno o golpe nunha encrucillada, e crendo que era un queixo perdido, papouno. O golpe sorprendeuse de que indo andando, tras come-lo queixo, a par del ía a sombra do comido. Quixo meterlle o dente, pero non puido. Pero o golpe, que é malicioso, despois de pensalo un pouco, caeu na conta de que podía aproveitarse da sombra do saltaparedes que o seguía a toda parte. "


El Poder de la Palabra
epdlp.com