Os arquivos do trasno (fragmento) -en gallego-Rafael Dieste

Os arquivos do trasno (fragmento) -en gallego-

"Eran de alá da montaña... Dunha desas aldeas de nome bravo e silvestre que repousan perdidas entre calados cumios. Longa viaxe fixeran para darlle cumprimento ó antollo do vello. Moito tempo tivera secreto aquel desexo. Un día, coa mimosa curtidade dun neno que pide unha lambetada posta, como nun altar, nos máis altos andeis do armario, o avó tatexou o seu capricho. El nunca vira o tren. A filla e o xenro riron boamente daquela tolería. "


El Poder de la Palabra
epdlp.com