Manoel Antonio, O Aparecido (fragmento) -en gallego-Domingo García Sabell
Manoel Antonio, O Aparecido (fragmento) -en gallego-

"Mais cando os teutóns escomenzaron a afundir barcos da Crus Roxa e barcos mercantes, o seu alporizamento non tivo límites. (Reparemos na caste moral da súa aititude. Isto vai constituir nele una constante moi definitoria.) Paréz que tamén contribuíu a ista súpeta virazón -asegún Fersen,- a leitura dunha crónica de Gómez Carrillo na que se apresentaba aos aliados como os defensores da cultura, a democracia e a civilización.
E como no poeta todo era estremado, noblemente estremado, chega un intre en que decide ir loitar ao lado dos franceses. Acontecía isto o 31 de Xaneiro de 1918. Escriba unha carta, que tamén na Cruña pidíndolle instrucións e axuda para alistarse na Lexión Extranxeira que non está autorizado pra dar informes sobor dos alistamentos vountarios na Lexión, e que, endemáis, o Viceconsulado non suministra socorros de viaxe. Manoel Antonio se non resiña. E acorda marchar soio, e soio pasar clandestinamente a frontera. Nun viaxe de Rianxo a Santiago, e aproveitando os cartos que D.ª Pura lle entregara pra pagar un mes de pensión, diríxese a Cruña, entrevístase co Vicecónsul francés e dende alí, por tren, marcha a San Sebastián e Irún. Xa nista localidade, adícase a estudar o punto polo que lle sería máis doado atravesar a frontera. Cando se atopaba a voltas con istas pescudas sorprendeuno un guardia civil. Parece ser que xa estaba a punto de poner os pés na outra banda. "



El Poder de la Palabra
epdlp.com