Lobo e pedra -en gallego-Gonzalo Navaza

Lobo e pedra -en gallego-

"Abre paso
     entre os corpos
               dos danzantes
a sombra sixilosa
do lobo multiforme.
                         Arrepío
no espiñazo das árbores
ventando a morte.

Igual ca un desafío,
contra o lobo levanto
a voz onde porfío
o meu son a soar.
Por máis que todo canto canto canto
se esfarele no ar. "



El Poder de la Palabra
epdlp.com