Quevedo, de Poesía enteira de Heriberto Bens -en gallego-Xose Luis Méndez Ferrín

Quevedo, de Poesía enteira de Heriberto Bens -en gallego-

"Terra de proseguir e non dar nada,
despaciosa Galicia que nos levas
acochados en tí!. Lento veleno
que pon nos ollos unha cousa verde!.

Língoa que me enche a boca enteiramente
e coma un río interno me asolaga.
Quero decir teu nome e digo apenas
xente de terra, homes lentamente
ún por ún devecendo e sendo nada.

Galicia coma un rio que se estiña,
terra de esmorecer, patria do vento!.

Quero decir teu nome e digo dorna
valeira, mergullada dorna negra,
grande arado sen bois, feira sen xente,
noite que ven, enorme noite fria...

Quixera alzar meu canto coma un puño
e pór na miña voz teu nome ergueito
pero non hai ninguén para escoitarme. "



El Poder de la Palabra
epdlp.com