Lembranza -en gallego-Xavier Queipo
Lembranza -en gallego-

"De rapaz soñaras con atravesar o mundo,
con conquistar ti só, de lanza e armadura,
mundos, distancias, reinos e doncelas.
Xa logo da realidade o tacto triste,
pasado o tempo, que todos os soños muda,
das beiras do Ponte Euxino, no mar escuro,
chégaste a esta chaira inzada de estranxeiros.
Abriches mil portas coa forza das túas mans,
dun biqueirazo certeiro ou dunha couce,
para atopar na fin un acubillo de prestado.
No centro da fogueira que se armou,
alí ficabas ti, de fronte erguida,
apagando a cabicha derradeira
nunha cunca de area dos teus mares,
ardendo de vagar, como as árbores máis nobres. "



El Poder de la Palabra
epdlp.com