Navy Bar –en gallego- Manuel Antonio
Navy Bar –en gallego-

"Este bar ten balances
…E tamén está listo
pra se facer á vela

…Encheron-nos o vaso
con toda a auga d’o Mar
pra compor un cock-tail de horizontes

…Pendurados d’as horas
…atlas xeográficos d`esperantos
están sin tradución
…E tatexan as pipas
c’o ademán políglota d’as bandeiras

…Ese cantar improvisado
………………………………é o mesmo
que xa se improvisou n-algures

…Quen chegou avisando-nos
d’esa cita noiturna que temos
c’o vento ao N E
n-a encrucillada d’as estrelas apagadas?

…Eiquí bebe de incónito
O Mariñeiro Desconecido
…-sin xeografía nin literatura-
…A noite d’os naufraxos
…c’o seu brazo salvavidas
…aferrará con nosco unha vela de chuvascos

…O vaso derradeiro
estaba cheo de despedidas

…Pol-as ruas dispersas
ibamo-nos fechando
cada un dentro d’a sua alta-mar

…N’o repouso d’algún vaso
todal-as noites naufraga o Bar. "



El Poder de la Palabra
epdlp.com