|
Cabalgadas en Salnés (fragmento) –en gallego- "Sin ollar a lus do sol, próisima a revelar ao mundo o froito da brutal paixón do Oidor, soila, sen consolo e de como por medo ao bandido trataban de se desfacer dela matándoa asañados e soterrándoa na corte da Pantrigueira aproveitando a miña ausenza que Florenza faría longa cos seus aloumiños”. (…) Non quero lembrar o que alí pasou cando veu o bandido ao seu amor de aquel xeito e ao frente o home causa de tanta infamia; cando a moza querendo ocultar a sua vergoña aos ollos do seu namorado fuxíu entolecida na noite pecha perseguida por min que tropecei, como gardando a porta, co cadavre do vello servidor, namentras Xan Quinto agañotaba á do Amaro no escurento encerro; nin cando cansos de buscala fumos dar con ela, dous días andados, enguedellada nos xuncos do esteiro do Rial de Corvos levada pol-a corrente río abaixo, río abaixo. " epdlp.com |