Quevedo, de Poesía enteira de Heriberto Bens -en gallego- "Terra de proseguir e non dar nada, despaciosa Galicia que nos levas acochados en tí!. Lento veleno que pon nos ollos unha cousa verde!. Língoa que me enche a boca enteiramente e coma un río interno me asolaga. Quero decir teu nome e digo apenas xente de terra, homes lentamente ún por ún devecendo e sendo nada. Galicia coma un rio que se estiña, terra de esmorecer, patria do vento!. Quero decir teu nome e digo dorna valeira, mergullada dorna negra, grande arado sen bois, feira sen xente, noite que ven, enorme noite fria... Quixera alzar meu canto coma un puño e pór na miña voz teu nome ergueito pero non hai ninguén para escoitarme." epdlp.com |